**Descrición**:
A EMPRESA:
Dativic S.L é unha empresa innovadora enrolada no mundo da impresión 3D ou fabricación aditiva.
É maioritariamente coñecida grazas á súa liña de negocio e-commerce baixo a marca Filament2Print, a través do cal se comercializan unha das maiores gamas de produtos de impresión 3D do mercado europeo.
Diferénciase polo seu alto nível de servizo e fiabilidade ofrecido ao mercado con máis de 3000 referencias en stock e realizando envíos a todo o mundo.
FUNCIÓNS:
- Xestión económica e financeira da empresa (facturación, contabilidade, tesourería...).
- Presentación de modelos tributarios.
- Xestión administrativa con clientes e provedores.
- Xestión documental de normativas, certificacións ISO, subvencións e licitacións.
- Control de custos e rendibilidades.
- Xestión laboral e de RRHH (publicación de ofertas laborais e criba curricular, contratación e xestión de formación, documentación laboral...).
- Outras xestións administrativas (contratación de viaxes, aprovisionamento material de oficina, seguros...).
OFRÉCESE:
- Contrato en xornada completa (40 horas de luns a venres).
- Formar parte dunha empresa de referencia no sector da fabricación aditiva con vocación internacional e en plena expansión.
- Posibilidade de crecer xunto á empresa.
- Centro de traballo na contorna de Vigo (Nigrán)
- Cultura de empresa orientada a valores corporativos: Paixón, profesionalidade, orientación ao cliente e mellora continua.
**Posto**: Responsable de Administración - Controller
**Requisitos Mínimos**:
- Persoa organizada, responsable e resolutiva.
- Coñecementos sobre contabilidade e fiscalidade.
- Coñecementos avanzados de Excel.
- Nível alto de inglés.
**Requisitos Desexados**:
- Dominio de outros idiomas.
- Experiência no uso de sistemas de xestión empresarial (ERP).
**Experiência Mínima**:
Experiência laboral previa en funcións similares de cando menos 1 ano.
**Estudos Mínimos**:
Formación en Administración de Empresas, Económicas, Empresariais ou similar.