Administrador/A Sistemas Windows (Sustitución Excedencia)_Posibilidad Teletrabajo 100% - [V-478]

Administrador/A Sistemas Windows (Sustitución Excedencia)_Posibilidad Teletrabajo 100% - [V-478]
Empresa:

Dinahosting


Detalles de la oferta

Buscamos a un administrador ou administradora de sistemas Windows para cubrir de xeito temporal unha excedencia no Departamento de Sistemas Windows de dinahosting. Dado que o posto é temporal, buscamos persoal con certa experiencia para a súa rápida adaptación. Non precisamos unha titulación específica, pero toda formación ou certificación relacionada con Microsoft Windows Server valorarase positivamente.
O administrador ou administradora será responsable da nosa infraestrutura de sistemas Windows, sistemas de virtualización como Hyper-V, xestores de bases de datos como MySQL, SQL Server e protocolos de rede e aplicación como HTTP, POP3 e SMTP.

Para nós é moi importante que sexas capaz de automatizar todo tipo de configuracións e procesos sobre ditos sistemas. Coñecementos sobre sistemas Linux e seguridade son aspectos importantes a valorar. Tamén utilizamos metodoloxías áxiles na nosa xestión de proxectos, como Scrum. Investigando, propoñendo e deseñando solucións en equipo. Desenvolvendo tarefas de administración de sistemas tanto en infraestrutura propia como na dos nosos clientes e documentando o teu traballo. Facendo despregues e postas en produción das ferramentas que desenvolviches e resolvendo as incidencias que poidan xurdir. E por suposto, encantaríanos que nos deses sempre a túa opinión e ideas de mellora sobre os proxectos do departamento.

A nosa estrutura é horizontal e existe a figura do responsable de área ou Team Lead, que supervisa o traballo do equipo e está para baixar ás trincheiras cando fai falta. Organizamos o traballo do equipo baixo a metodoloxía Scrum. Os sprints teñen unha duración semanal e facemos reunións para o seu seguimento, evitar puntos de bloqueo e aportar solucións o máis rapidamente posible. Non partirás de cero en todo isto.

Temos documentados os procesos de traballo e facemos talleres de formación constantes entre os equipos. A túa xornada consiste en turnos rotativos que cambian cada semana, nos cales estarás unha semana de mañá de 7:00 a 15:00 e para a seguinte semana será de 14:00 a 22:00 horas, cunha parada de media hora de descanso. Neste posto requírese dispoñibilidade para gardas, despois do turno de tarde e fins de semana; o administrador ou administradora permanecerá pendente do teléfono para resolver incidencias que poidan afectar a nosa infraestrutura.

Somos fans da flexibilidade e da conciliación, e sempre que o necesites poderás ir cos pequenos ao médico ou acudir a consultas sen ter que recuperar ese tempo. As nosas oficinas e punto de encontro están en Santiago de Compostela, pero poderás escoller acudir á oficina ou facer traballo en remoto.

Ti elixes! Salario según convenio propio. Ademais contamos con esta serie de beneficios sociais: Elección libre de vacacións: coordínate co teu equipo e elíxeas cando ti queiras. Bolsa de formación subvencionada ao 100 %. Axudas para o pagamento de garderías e centros de coidado de maiores.

#J-18808-Ljbffr


Fuente: Jobleads

Requisitos

Administrador/A Sistemas Windows (Sustitución Excedencia)_Posibilidad Teletrabajo 100% - [V-478]
Empresa:

Dinahosting


Consultor Senior Seguridad Sap Y Sap Grc (Spanish-Speaking)

¡En el Grupo Inprosec seguimos creciendo! ?¿Nos conoces? Somos una empresa en el pleno centro de Vigo que nos dedicamos a ofrecer servicios especializados en...


Desde Inprosec - La Coruña

Publicado 15 days ago

Desarrollador/A Senior Angular

Buscamos un perfil deDESARROLLADOR/A SENIOR FULLSTACK(80% frontend-20% backend aproximadamente), con al menos 3 años de experiencia.¿QUÉ NECESITAMOS DE TI?Ex...


Desde Doméstiko.Com - La Coruña

Publicado 15 days ago

Ingeniera/O De Software En Ciberseguridad - Ob-442

Volver a ofertasSobre el área tecnológicaFormarás parte del Área de Seguridad & Privacidad donde podrás participar y liderar proyectos de I+D+i vinculados al...


Desde Gradiant - La Coruña

Publicado 16 days ago

(Njl-503) | Web Operations & Loyalty Program Specialist

.Established in 1981, GUESS began as a jeans company and has since successfully grown into a global lifestyle brand. Guess?, Inc. designs, markets, distribut...


Desde Guess Europe - La Coruña

Publicado 16 days ago

Built at: 2024-10-02T12:46:04.254Z