Administrador/A Sistemas Windows (Sustitución Excedencia)_Posibilidad Teletrabajo 100%

Administrador/A Sistemas Windows (Sustitución Excedencia)_Posibilidad Teletrabajo 100%
Empresa:

Dinahosting S.L.


Detalles de la oferta

Buscamos a un administrador ou administradora de sistemas Windows para cubrir de xeito temporal unha excedencia no Departamento de Sistemas Windows de dinahosting. Dado que o posto é temporal, buscamos persoal con certa experiencia para a súa rápida adaptación. Non precisamos unha titulación específica, pero toda formación ou certificación relacionada con Microsoft Windows Server valorarase positivamente.
O administrador ou administradora será responsable da nosa infraestrutura de sistemas Windows, sistemas de virtualización como Hyper-V, xestores de bases de datos como MySQL, SQL Server e protocolos de rede e aplicación como HTTP, POP3 e SMTP. Para nós é moi importante que sexas capaz de automatizar todo tipo de configuracións e procesos sobre ditos sistemas.
Coñecementos sobre sistemas Linux e seguridade son aspectos importantes a valorar.
Tamén utilizamos metodoloxías áxiles na nosa xestión de proxectos, como Scrum.
Investigando, propoñendo e deseñando solucións en equipo.Desenvolvendo tarefas de administración de sistemas tanto en infraestrutura propia como na dos nosos clientes e documentando o teu traballo.Facendo despregues e postas en produción das ferramentas que desenvolviches e resolvendo as incidencias que poidan xurdir.E por suposto, encantaríanos que nos deses sempre a túa opinión e ideas de mellora sobre os proxectos do departamento.
A nosa estrutura é horizontal e existe a figura do responsable de área ou Team Lead, que supervisa o traballo do equipo e está para baixar ás trincheiras cando fai falta.
Organizamos o traballo do equipo baixo a metodoloxía Scrum. Os sprints teñen unha duración semanal e facemos reunións para o seu seguimento, evitar puntos de bloqueo e aportar solucións o máis rapidamente posible.
Non partirás de cero en todo isto. Temos documentados os procesos de traballo e facemos talleres de formación constantes entre os equipos.
A túa xornada consiste en turnos rotativos que cambian cada semana, nos cales estarás unha semana de mañá de 7:00 a 15:00 e para a seguinte semana será de 14:00 a 22:00 horas, cunha parada de media hora de descanso.
Neste posto requírese dispoñibilidade para gardas, despois do turno de tarde e fins de semana; o administrador ou administradora permanecerá pendente do teléfono para resolver incidencias que poidan afectar a nosa infraestrutura.
Somos fans da flexibilidade e da conciliación, e sempre que o necesites poderás ir cos pequenos ao médico ou acudir a consultas sen ter que recuperar ese tempo.
As nosas oficinas e punto de encontro están en Santiago de Compostela, pero poderás escoller acudir á oficina ou facer traballo en remoto. Ti elixes!
Salario según convenio propio.
Ademais contamos con esta serie de beneficios sociais:
Elección libre de vacacións: coordínate co teu equipo e elíxeas cando ti queiras.Bolsa de formación subvencionada ao 100 %.Axudas para o pagamento de garderías e centros de coidado de maiores.En dinahosting levamos desde 2001 dándolle aos nosos clientes todo o que precisan para garantir a súa presenza online. Desde os nosos inicios acompañamos a evolución de Internet sendo unha empresa innovadora, que aposta pola calidade técnica, o desenvolvemento de ferramentas propias e a mellor atención ao cliente.
Estas foron as chaves do noso crecemento e o que nos converteu nunha compañía líder no sector que somos hoxe en día. Ofrecemos todo tipo de solucións para un proxecto online, desde plans de aloxamento de hosting compartido ata servidores de alto rendemento tanto virtuais como físicos e por suposto, os servizos de cloud máis avanzados. Tamén somos rexistradores de primeiro nivel para case todos os dominios do mercado e estamos acreditados pola ICANN.
O Soporte Técnico é o noso sinal de identidade e estamos sempre dispoñibles as 24 horas do día, os 365 días do ano. Temos a disposición dos nosos clientes diferentes ferramentas para que se poñan en contacto con nós: un chat, teléfono gratuíto e correo electrónico, sen contestadores, sen formalismos, sen esperas e en 5 idiomas: galego, castelán, catalán, inglés e portugués.
Ao inscribirte nesta oferta de emprego das o teu consentimento explícito a Dinahosting SL para tratar os teus datos coa finalidade de que a túa candidatura participe no proceso de selección asociado. Os datos serán conservados durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recabaron. Non comunicamos os teus datos a terceiros. Podes revocar o teu consentimento, así como exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión e outros dereitos mediante comunicación escrita, dirixida ao noso departamento de Recursos Humanos, en Rúa das Salvadas, nº 41, Baixo-15705, Santiago de Compostela ou na dirección ******. Para máis información, consulta a nosa política de privacidade en https://dinahosting.com/legal/proteccion-datos.

#J-18808-Ljbffr

Requisitos

Administrador/A Sistemas Windows (Sustitución Excedencia)_Posibilidad Teletrabajo 100%
Empresa:

Dinahosting S.L.


Senior Network Engineer - Temporal

Descripción **ZEMSANIA - Senior Network Engineer - Temporal**: Estamos buscando un/a **Ingeniero/a de Redes Senior** para unirse a nuestro equipo en un proy...


Desde Zemsania - Valladolid

Publicado a month ago

Frigorista

**Empresa** Fonesvall Instalaciones S.L. **Descripción de la empresa** CNAE 4322 (fontanería, climatización, ventilación, mantenimientos instalaciones) **U...


Desde Fonesvall Instalaciones S.L. - Valladolid

Publicado a month ago

Especialista En Animales De Compañía

**Descripción**: ¿Eres apasionado/a de los animales de compañía? ¡Este es tu sitio! Únete a nuestra gran familia y serás parte de un proyecto emocionante. T...


Desde Tiendanimal - Valladolid

Publicado a month ago

Engine Calibration Engineer

Desde la industria de Automoción de Capgemini Engineering, tenemos un nuevo reto para ti, buscamos un ingeniero/a de calibración motores, el rol principal es...


Desde Capgemini Engineering - Valladolid

Publicado a month ago

Built at: 2024-09-19T09:59:15.236Z