.Buscamos a un administrador ou administradora de sistemas Windows para cubrir de xeito temporal unha excedencia no Departamento de Sistemas Windows de dinahosting.
Dado que o posto é temporal buscamos persoal con certa experiencia para a súa rápida adaptación, Non precisamos unha titulación específica, pero toda formación ou certificación relacionada con Microsoft Windows Server, valorarase positivamente.
Que buscamos?
Administrador ou administradora para a nosa infraestrutura de sistemas Windows, sistemas de virtualización como Hyper-V, xestores de bases de datos como MySQL, SQL Server e protocolos de rede e aplicación como son HTTP, POP3 e SMTP.
Para nos é moi imporante que sexas capaz de automatizar todo tipo de configuracións e procesos sobre ditos sistemas.
Coñecementos sobre sistemas Linux e seguridad son aspectos importantes a valorar.
Tamén utilizamos metodoloxías áxiles na nosa xestión de proxectos, como Scrum.
En dinahosting traballarás: · Investigando, propoñendo e deseñando solucións en equipo.
· Desenvolvendo tarefas de administración de sistemas tanto en infraestrutura propia como na dos nosos clientes e documentando o teu traballo.
· Planificando e executando as probas necesarias para asegurar o correcto funcionamento dos sistemas.
· Facendo despregues e postas en produción das ferramentas que desenvolviches e resolvendo as incidencias que poidan xurdir.
E por suposto, encantaríanos que nos deses sempre a túa opinión e ideas de mellora sobre os proxectos do departamento.
Como o farás?
A nosa estrutura é horizontal e existe a figura do responsable de área ou Team lead, que supervisa o traballo de equipo e está para baixar ás trincheiras cando fai falla.
Organizamos o traballo do equipo baixo a metodoloxía Scrum.
Os sprints teñen unha duración semanal e facemos reunións para o seu seguimento, evitar puntos de bloqueo e aportar solucións o máis rapidamente posible.
Non partirás de cero en todo isto.
Temos documentados os procesos de traballo e facemos talleres de formación constantes entre os equipos.
Cando traballarás?
A túa xornada consiste en turnos rotativos que cambian cada semana, nos cales estarás unha semana de mañá de 7:00 a 15:00 e para seguinte semana será de 14:00 a 22:00 horas, cunha parada de media hora de descanso.
Neste posto requírese de dispoñibilidade para gardas, despois do turno de tarde e fins de semana o administrador ou administradora permanecerá pendente do teléfono para resolver incidencias que puedan afectar a nosa infraestrutura.
Somos fans da flexibilidade e da conciliación, e sempre que o necesites poderás ir cos pequenos ao médico ou acudir a consultas sen ter que recuperar ese tempo.
Onde traballarás?
As nosas oficinas e punto de encontro están en Santiago de Compostela, pero poderás escoller acudir á oficina ou facer traballo en remoto.
Ti elixes!
Salario e beneficios sociais Salario según convenio propio