03/12/2024 | Oferta de empregoConvocatoria: Número de prazas: 1Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses).Xornada: Tempo completo (37,5 h/semana).Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria.
Na data que se estableza na mesma.Duración do contrato: 4 meses e 19 días.Salario bruto mensual: 2500,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo.Categoría laboral: Investigador modalidade B (Titulación Universitaria Superior).Traballo a Realizar Validar os usos potenciais de bisurfactantes obtidos de licores de lavado de millo como biopesticida e conservante na industria agroalimentaria.Requisitos Grao ou Mestrado en Enxeñaría Química, Biotecnoloxía, Química, Tecnoloxía dos Alimentos, Bioquímica e outras titulacións afíns.
Méritos a valorar Méritos xerais: formación académica, expediente académico e coñecementos de inglés de nivel avanzado (40 puntos).
Méritos específicos e experiencia relacionada coas funcións a desempeñar (45 puntos).
Entrevista persoal aos 3 candidatos que, na suma dos méritos, acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).
Comité avaliador Presidente: Ana Belén Moldes Menduiña.
Secretario: José Manuel Cruz Freire.
Vogal: Xanel Vecino Bello.
Documentación Solicitude Currículum vitae Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo.Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 12 de decembro de 2024.
#J-18808-Ljbffr