11/11/2024 | Oferta de emprego
Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1461
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia).
Duración: indefinida
Xornada: Tempo completo (37,5 h/semana).
Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria.
Salario bruto mensual: 2200,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.
Categoría laboral: Investigador modalidade A (Doutor).
Traballo a Realizar:
Desenvolvemento de Modelos de Machine Learning de Consumo e Produción Eléctrica.
Requisitos: Doutor (Eficiencia Enerxética ou similar).Méritos a valorar:Experiencia Profesional: Traballo desenvolvido relacionado co traballo e funcións a realizar (25 puntos).Formación: Estudios universitarios ou outras titulacións relacionadas co traballo a desenvolver (35 puntos).Formación Específica: Programación en Python e Matemáticas (tratamento de datos) (25 puntos).Entrevista persoal: A entrevista persoal realizarase unicamente aos/ás 3 candidatos/as que, na suma dos méritos anteriores, acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).Comité avaliador:Presidente: Pablo Eguía Oller.Secretaria: Raquel Pérez Orozco.Vogal: Enrique Granada Álvarez.Documentación:SolicitudeCurrículum vitaeDeclaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo.
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 18 de novembro de 2024.
#J-18808-Ljbffr