11/04/2024 | Oferta de emprego Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1311 Número de prazas: 1 Tipo de contrato: Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia).
Duración: indefinida Xornada: Tempo completo (37.5 h/semana) Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria, na data que se establezca na mesma.
Salario bruto mensual: 1.750,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias) Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo Categoria laboral: Investigador modalidade B (Titulación Universitaria Superior) Contrato indefinido vinculado á liña de investigación Traballo a realizar Avaliación de licores de lavado de millo como fonte do antibiótico gramicidina.
Identificación e separación da gramicidina presente nos licores de lavado de millo, así como na análise dos nutrientes contidos no licor de infusión de millo despois da extracción da gramicidina.
Requisitos Graduado/a en Enxeñaría Química, Biotecnoloxía, Química, Tecnoloxía dos Alimentos, Bioquímica e outras titulacións relacionadas.
Méritos a valorar Méritos xerais: formación académica, expediente académico e coñecementos de inglés de nivel avanzado.
(40 puntos) Méritos específicos relacionados coas funcións a desempeñar (45 puntos).
Entrevista persoal con candidatos que, na suma dos seus méritos, acaden un mínimo de 50 puntos.
(15 puntos).
Comité avaliador Presidente: Ana Belén Moldes Menduíña.
Secretario: Xanel Vecino Bello.
Vogal: José Manuel Cid Freire.
Documentación Solicitude Currículum vitae Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo.
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 18 de abril de 2024.
#J-18808-Ljbffr