16/01/2023 | Oferta de emprego Número de prazas: 1 Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia).
Duración indefinida Liña de investigación: Xestión Térmica de Vehículos Híbridos Eléctricos Xornada: Tempo completo (37,5 h/semana) Data probable de inicio: A partir da resolución da convocatoria deste contrato.
Categoría laboral: Investigador modalidade B (Titulación Universitaria Superior) Duración do contrato: Indefinida Salario bruto mensual: 1.750,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias) Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo Referencia: RTC2019-006955-4 Contratación de tres persoas con carácter indefinido vinculada á liña de investigación Traballo a realizar Participación en tarefas experimentais.
Deseño de instalacións experimentais, posta a punto, realización de ensaios, tratamento de datos, etc.
Requisitos Título de Grao, Máster ou equivalente, nunha enxeñería do ámbito industrial, aeroespacial, enerxía e minas ou física Méritos a valorar Experiencia Profesional: Traballo desenvolvido no ámbito da enxeñería industrial/mecánica/electrónica (10 puntos) Experiencia Profesional: Traballo desenvolvido no perfil da praza (35 puntos) Formación: Grao en Enxeñería Industrial/Mecatrónica/Electrónica (25 puntos) Formación: Coñecemento en lingua inglesa, cursos, formación relacionada co posto (15 puntos) Entrevista (15 puntos).
Só se realizará as persoas que na suma dos méritos obteñan un mínimo de 50 puntos.
Comisión de selección Presidente: María Concepción Paz Penín.
Secretario: José Luis Míguez Tabarés.
Vogal: Eduardo Suárez Porto.
Documentación Solicitude Currículum vitae Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo.
De xeito excepcional para este procedemento, unicamente as persoas estranxeiras extracomunitarias poderán usar medios de identificación electrónicos alternativos, para o cal deben iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a Data límite de recepción de candidaturas A data límite para o envío das solicitudes é o 20 de xaneiro de 2023.
O período de reclamacións será de tres días hábiles despois da publicación da lista provisoria de candidatos admitidos e excluídos.
#J-18808-Ljbffr