Buscamos a un administrador ou administradora de sistemas Windows para cubrir de xeito temporal unha excedencia no Departamento de Sistemas Windows de dinahosting. Dado que o posto é temporal, buscamos persoal con certa experiencia para a súa rápida adaptación. Non precisamos unha titulación específica, pero toda formación ou certificación relacionada con Microsoft Windows Server valorarase positivamente.O administrador ou administradora será responsable da nosa infraestrutura de sistemas Windows, sistemas de virtualización como Hyper-V, xestores de bases de datos como MySQL, SQL Server e protocolos de rede e aplicación como HTTP, POP3 e SMTP.Para nós é moi importante que sexas capaz de automatizar todo tipo de configuracións e procesos sobre ditos sistemas. Coñecementos sobre sistemas Linux e seguridade son aspectos importantes a valorar. Tamén utilizamos metodoloxías áxiles na nosa xestión de proxectos, como Scrum. Investigando, propoñendo e deseñando solucións en equipo. Desenvolvendo tarefas de administración de sistemas tanto en infraestrutura propia como na dos nosos clientes e documentando o teu traballo. Facendo despregues e postas en produción das ferramentas que desenvolviches e resolvendo as incidencias que poidan xurdir. E por suposto, encantaríanos que nos deses sempre a túa opinión e ideas de mellora sobre os proxectos do departamento.A nosa estrutura é horizontal e existe a figura do responsable de área ou Team Lead, que supervisa o traballo do equipo e está para baixar ás trincheiras cando fai falta. Organizamos o traballo do equipo baixo a metodoloxía Scrum. Os sprints teñen unha duración semanal e facemos reunións para o seu seguimento, evitar puntos de bloqueo e aportar solucións o máis rapidamente posible. Non partirás de cero en todo isto.Temos documentados os procesos de traballo e facemos talleres de formación constantes entre os equipos. A túa xornada consiste en turnos rotativos que cambian cada semana, nos cales estarás unha semana de mañá de 7:00 a 15:00 e para a seguinte semana será de 14:00 a 22:00 horas, cunha parada de media hora de descanso. Neste posto requírese dispoñibilidade para gardas, despois do turno de tarde e fins de semana; o administrador ou administradora permanecerá pendente do teléfono para resolver incidencias que poidan afectar a nosa infraestrutura.Somos fans da flexibilidade e da conciliación, e sempre que o necesites poderás ir cos pequenos ao médico ou acudir a consultas sen ter que recuperar ese tempo. As nosas oficinas e punto de encontro están en Santiago de Compostela, pero poderás escoller acudir á oficina ou facer traballo en remoto.Ti elixes! Salario según convenio propio. Ademais contamos con esta serie de beneficios sociais: Elección libre de vacacións: coordínate co teu equipo e elíxeas cando ti queiras. Bolsa de formación subvencionada ao 100 %. Axudas para o pagamento de garderías e centros de coidado de maiores.
#J-18808-Ljbffr